DEV

PAC 2015

Solicitude unificada 2015

Para facilitar aos agricultores a tramitación das axudas no ano 2015, inclúense nunha soa Solicitude Unificada varias axudas directas da PAC baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando (pagamentos directos) así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control unificando tamén o período de solicitude.

As axudas que se inclúen na Solicitude Unificada de axudas PAC 2015 son:


1. Pagamentos directos á agricultura e á gandaría (financiadas polo FEAGA)

  • Un pagamento básico aos agricultores («réxime de pagamento básico»).
  • Un pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente.
  • Un pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola.
  • Un réxime de axuda asociada 
    • Axuda asociada aos cultivos proteicos.
    • Axuda asociada aos legumes de calidade.
    • Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices.
    • Axuda asociada para as explotacións de vacún de ceba.
    • Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite.
    • Axuda asociada para as explotacións de ovino.
    • Axuda asociada para as explotacións de cabrún.
    • Axudas asociadas para os gandeiros de vacún de leite, vacún de ceba e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pagamento básico.
    • Tamén poderá solicitarse calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
  • Un réxime simplificado para os pequenos agricultores


2. Pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (cofinanciadas nun 75% polo FEADER)

  • Solicitudes de axuda e pagamento das seguintes medidas do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2007-2013: 
    • Axudas destinadas a indemnizar os agricultores polas dificultades naturais en zonas de montaña e axudas destinadas a indemnizar os agricultores polas dificultades naturais en zonas distintas ás de montaña (indemnización compensatoria)
    • Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias
  • Solicitudes de axuda e pagamento das seguintes medidas do PDR de Galicia 2014-2020
    • Agroambiente e clima
    • Agricultura ecolóxica

Pagos directos

En 2015, o conxunto de axudas directas da PAC xestiónase no marco da ORDE do 10 de marzo de 2015 (3 Mb, pdf) pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

 

Asignación de dereitos do réxime do pagamento básico

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2016 pola que se dá publicidade da asignación de dereitos do réxime do pagamento básico, de acordo coa Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control. 
Listaxe anexo á RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2016 pola que se dá publicidade da asignación de dereitos do réxime do pagamento básico 
RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2016 pola que se dá publicidade á relación de solicitantes sen asignación de dereitos do réxime do pagamento básico de acordo coa Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control 
RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2017 pola que se comunica a denegación de determinadas solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional correspondente á campaña 2015, solicitadas ao abeiro da Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control. 
RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2018 pola que se denegan determinadas solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional correspondente á campaña 2015, solicitadas ao abeiro da Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Relación provisional de pequenos agricultores

De acordo ao artigo 86 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagos directos á agricultura e á gandería e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagos directos e dos pagos ao desenvolvemento rural, os agricultores que en 2015 posúan dereitos de pago básico, en propiedade, usufruto ou en arrendamento e o seu importe total de pagos directos a percibir sexa inferior a 1.250 euros quedarán incluídos automaticamente pola autoridade competente no réxime.

Unha vez realizado o cálculo provisional das axudas solicitadas de acordo ao establecido na Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, se establece que os agricultores indicados a continuación non superan os 1.250 euros de importe total de pagos directos a percibir e quedan identificados de forma provisional como Pequeno Agricultor.

Relación de pequenos agricultores

A información relativa aos importes estimados poderá consultarse a través da Oficina Agraria Virtual,utilizando o PIN , ou na seguinte web: www.fega.es

A participación no Réxime de Pequenos Agricultores ten as seguintes vantaxes:

  • Quedará exento de aplicar as prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente.
  • O importe dos pagos directos non se verá reducido pola a aplicación da condicionalidade.
  • A partir de 2016 non deberá cumprir cos requisitos para a súa determinación como agricultor activo, excepto no referente a estar inscrito nos rexistros (os que as autoridades competentes teñan dispostos en base ao artigo 6 do Regulamento 852/2004), no momento da súa solicitude.
  • Non se lle aplicarán as sancións previstas por declaración incompleta das superficies de todas as parcelas da explotación na solicitude única.
  • En sucesivas campañas a partir de 2015, a súa solicitude única consistirá unicamente nunha confirmación anual para poder recibir devandito pago.


O importe total de pagos que finalmente se lle calcule, será o total para percibir para a campaña e substituirá aos que deban concederse de conformidade co réxime de Pago Básico ou mediante outras axudas desacopladas e acopladas. Este importe será o mesmo sempre que permaneza adscrito ao réxime de Pequenos Agricultores.

Durante a participación no réxime de Pequenos Agricultores deberá manter o número de hectáreas admisibles correspondente ao número de dereitos activados no ano 2015 e estes consideraranse dereitos activados para todo o período de participación no devandito réxime.

En caso de non querer participar no réxime de Pequenos Agricultores deberá notificar a súa decisión ante a Autoridade Competente antes do 15 de outubro de 2015.

En sucesivas campañas a partir de 2015, poderá presentar a súa renuncia ao seu mantemento en dito réxime, durante o período de presentación da solicitude única, implicando dita renuncia non poder volver solicitar a súa inclusión no mesmo.

Lugares e prazos

O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2015, iniciarase o 1 de marzo e finalizará o día 15 de xuño ambos inclusive.

As persoas que desexen obter algún dos pagamentos directos ou das axudas de desenvolvemento rural deberán presentar unha solicitude única.

A solicitude única presentarase na Comunidade Autónoma de Galicia dirixida á persoa titular da dirección do Fogga, cando a explotación estea situada completamente neste territorio ou se, estando situada en máis dunha comunidade autónoma, se atopa na Comunidade Autónoma de Galicia a maior parte da superficie agraria ou o maior número de animais, no caso de non dispoñer de superficie.

A presentación da solicitude única realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Os solicitantes poderán optar por:

  • Realizar a solicitude a través das entidades colaboradoras asinantes dun convenio para tal efecto co Fogga.
  • Realizar persoalmente a súa solicitude  no enlace http://sgapac.xunta.es, para o que precisan dispoñer dun certificado dixital con vixencia.