DEV

Condicionalidade

A condicionalidade comprende una serie de obrigas relativas a:

  • Medio Ambiente, cambio climático e boas condicións da terra .
  • Saúde pública, sanidade animal e fitosanidade.
  • Benestar animal .

Segundo o estipulado nos artigos 91, 92 e 93 do REGLAMENTO (UE) n.º 1306/2013 cando un beneficiario dos pagamentos directos da PAC, medidas de desenvolvemento rural (agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e zonas con limitacións naturais) e prima por restructuración e arrinca de viñedo , non cumpra  con algunha das obrigas citadas no anterior parágrafo, verá reducidas as axudas percibidas ou por percibir correspondentes ao ano no que se produciu o incumprimento.

Segundo o estipulado no artigo 92 do citado Regulamento, os beneficiarios que participen no réxime para pequenos agricultores non terán que cumprir coas obrigas da condicionalidade.

Esta excepción non afecta aos beneficiarios das medidas de desenvolvemento rural e/ou da prima de reestruturación ou arrinca de viñedo, isto é, se a un beneficiario acollido ao réxime de pequenos agricultores, e que tamén sexa beneficiario dalgunha axuda de desenvolvemento rural e/ou da prima de restructuración de viñedo, ao que lle atope algún incumprimento da condicionalidade, verá reducidas estas últimas axudas, non aplicándoselle ningunha redución sobre o importe correspondente por pequeno agricultor.

As obrigas a cumprir diferéncianse en:

A continuación desenvolvemos todos os aspectos de control cos que debe cumprir unha explotación, en función das súas características, para que non se vexan reducidas as súas axudas.

O artigo 68 do REGLAMENTO DE EJECUCIÓN (UE) Nº 809/2014 estipula que se controlará polo menos ao 1% de beneficiarios obrigados ao cumprimento da condicionalidade.

Cando a lexislación aplicable sectorialmente fixe unha porcentaxe maior dese 1% aplicarase a taxa de control definida sectorialmente.

Os controis basicamente consistirán en realización controis administrativos e de visitas de control e inspección sobre o terreo.

Calquera incidencia detectada nun control oficial que se poña en en coñecemento do correspondente organismo de control de condicionalidade será obxecto de avaliación, de concluír que a incidencia inicial realmente supón un incumprimento de condicionalidade, aplicaráselle a correspondente redución.

Organismos de control

O DECRETO 107/2015, de 9 de julio establece e asigna as diferentes competencias de control en Galicia, entre os seguintes organismos:

  • A subdirección xeral de Explotacións Agrarias competente nos aspectos fitosanitarios e de seguridade alimentaria de orixe non animal.
  • A subdirección Xeral de Gandaría competente nos aspectos relativos a saúde pública, sanidade animal e benestar dos animais.
  • O FOGGA, que realiza todas as tarefas de coordinación entre os organismos de control, calcula e aplica as reducións correspondentes, controla os aspectos relativos a Medio ambiente, cambio climático e boas condicións da terra.
     

Avaliación dos incumprimentos

Segundo o estipulado nos artigos 38 e 40 do REGLAMENTO DELEGADO (UE) Nº 640/2014 os incumprimentos avaliaranse segundo:

  • A súa gravidade: importancia das súas consecuencias.
  • O seu alcance: principalmente se ten grandes repercusións ou se limita á propia explotación.
  • A súa persistencia: o tempo que duren os  efectos ou a posibilidade de por fin a estes con medios razoables
  • Repetición: o incumprimento do mesmo punto de control máis dunha vez ao longo de tres  anos naturais consecutivos.
  • Intencionalidade: falsificación documental, sacrificio de animais sospeitosos de padecer enfermidades contaxiosas transmisibles aos humanos, impedir o control, ou calquera incidencia que o organismo de control considere que cumpre con dita avaliación.
     

Redución das axudas

En base a avaliación do/s incumprimento/s as reducións a aplicar sobre as axudas serán as seguintes:

  • Incumprimentos por neglixencia: entre o 1% e o 5%
  • Repetición: entre o 3% e o 15%
  • Cando se aprecie Intencionalidade: entre o 20% e o 100%

En base as características territoriais e do tipo de explotacións da nosa comunidade, os  aspectos de aspectos da condicionalidade aos que se lle debería prestar especial atención son os relativos á:

  • Identificación e rexistro do gando, principalmente, vacún, ovino-cabrún e porcino (comunicacións á base de datos de nacementos, mortes e movementos, identificación individual dos animais, DIBs)
  • Correcto deseño e mantemento das instalacións e equipos da explotación.
  • Enchido correcto dos diferentes rexistros, fundamentalmente tratamentos médicos,  aplicación de fitosanitarios e fertilizantes.
  • Mantemento de documentación o tempo estipulado, facturas, receitas.
  • Correcto mantemento das superficies da explotación, especialmente naquelas nas que se desenvolve unha actividade agraria de baixa intensidade.
  • Respectar as distancias mínimas nas aplicacións de fertilizantes e fitosanitarios nas proximidades aos cursos de auga.
  • Xestión dos estercos e xurros xerados na explotación, volumes e impermeabilización suficientes, mantementos axeitados... etc.
  • Correcta eliminación de restos de colleita e poda.
  • Non abandonar calquera tipo de substancias, materiais, ferramentas e/ou maquinaria.
  • Posuír os permisos, autorizacións e carnets, especialmente os relacionados co emprego de fitosanitarios.
  • Correcto almacenaxe de medicinas, alimentos e pensos, fitosanitarios e combustibles e aceites.