Entre os obxectivos da actual política agrícola comunitaria (PAC) atópanse os seguintes: Garantir o abastecemento de alimentos á poboación europea, a prezos axeitados Garantir uns ingresos xustos aos agricultores e o benestar na sociedade rural Aumentar a competitividade dos produtos agrícolas comunitarios no mercado interior e mundial Mellorar a seguridade alimentaria coa mellora das condiciones sanitarias dos animais e do seu benestar Asegurar a protección do medio ambiente Para a consecución destes obxectivos, o FOGGA xestiona as seguintes medidas: Financiadas na súa totalidade polo Fondo Europeo Agrario de Garantía Agraria (FEAGA): Axudas directas a explotacións agrarias que comprenden tanto o pagamento único por explotación, independente da produción obtida, como outros pagamentos directos en función da produción de determinados sectores e tamén outros pagamentos adicionais ou específicos co obxecto de mellorar a calidade do leite e da carne de vacún ou de ovino e cabrún e para manter as condicións ambientais. Os procedemento de asignación de dereitos de pagamento único a agricultores en función de pagamentos recibidos ou das solicitudes da reserva nacionl, así como as cesións de dereitos entre agricultores. Outras medidas relacionadas co Apoio ao Sector Lácteo e Mercados Agrícolas, tanto no relativo a almacenamento público como privado ou as axudas á utilización industrial ou a consumo de determinados produtos agrícolas e gandeiros en xeral e en particular polos alumnos de centros escolares. Cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER) Axudas ao desenvolvemento rural establecidas no eixo 2, relativo á mellora do medio ambiente e do medio rural, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013 para o mantemento sostible de terras agrícolas. Así mesmo leva a cabo as seguintes actuacións : A coordinación e aplicación dos resultados do control da condicionalidade como conxunto de requisitos legais de xestión e boas condicións agrarias e medioambientais que deben cumprir os agricultores para a pecepción destas axudas. O establecemento dos procedementos de solicitude, xestión e pago destas axudas directas. Enlaces ou enderezos de interese Perspectivas da Política Agraria: Informes brevesLa PAC en el horizonte 2020A PAC despois de 2013Chequeo médico da PACA PAC en detalle (español)Da granxa á mesa (español)