DEV

Oleícola

Sector oleícola

Declaracións obrigatorias no sector do aceite de oliva

Conforme co Real decreto 861/2018, do 13 de xullo, polo que se establece a normativa básica en materia de declaracións obrigatorias dos sectores do aceite de oliva e das olivas de mesa, e polo que se modifica o Real decreto 772/2017, do 28 de xullo, polo que se regula o potencial de produción vitícola, as comunidades autónomas son as responsables do mantemento e actualización do censo de instalacións e operadores oleícolas obrigados a declarar no sistema de información dos mercados oleícolas (SIMO) da AICA. O referido Real decreto tamén establece toda a información mínima que deben conter as declaracións obrigatorias no sector do aceite de oliva.

As solicitudes de inscrición (altas) no censo de instalacións e operadores oleícolas deberán realizarse durante o mes seguinte ao de inicio da súa actividade. A comunicación de baixa no censo por cesamento definitivo da actividade, ou de feche dalgunha instalación, así como a modificación de datos ou a súa corrección, deberase presentar o máis tardar antes da finalización do mes seguinte a aquel en que se produciu o feito. Non obstante o anterior, os declarantes deberán comunicar o cesamento temporal de actividade na instalación cando non dispoñan de existencias nin a vaian utilizar no que quede de campaña o máis tardar no mes seguinte a aquel en que se produciu o cesamento. Unha vez realizada a dita comunicación, quedarán eximidos da obrigación de declarar até o inicio da campaña seguinte.

Normativa

Real decreto 861/2018, do 13 de xullo, polo que se establece a normativa básica en materia de declaracións obrigatorias dos sectores do aceite de oliva e das olivas de mesa, e polo que se modifica o Real decreto 772/2017, do 28 de xullo, polo que se regula o potencial de produción vitícola.

Solicitudes

Solicitude alta, baixa, modificación datos no rexistro. Almazaras e extractoras 
Solicitude alta, baixa, modificación datos no rexistro. Refinerías 
Solicitude alta, baixa, modificación datos no rexistro. Envasadoras

Réxime de almacenamento privado de aceite de oliva

O Regulamento de execución (UE) 2019/1882 da Comisión de 8 de novembro de 2019 inicia unha licitación independente en relación coa axuda ao almacenamento privado de cada unha das seguintes categorías de aceite de oliva virxe:

a) aceite de oliva virxe extra

b) aceite de oliva virxe

c) aceite de oliva lampante.

As ofertas presentaranse durante os subperíodos seguintes, cada un dos cales rematará ás 12.00 horas (hora de Bruxelas):

a) do 21 de novembro de 2019 ao 26 de novembro de 2019

b) do 12 de decembro de 2019 ao 17 de decembro de 2019

c) do 22 de xaneiro de 2020 ao 27 de xaneiro de 2020

d) do 20 de febreiro de 2020 ao 25 de febreiro de 2020

Procedemento de concesión de axudas ao almacenamento privado de aceite de oliva

Normativa

Regulamento delegado (UE) 2016/1238 da Comisión de 18 de maio de 2016 que completa o Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que atinxe á intervención pública e a axuda para o almacenamento privado
Regulamento de execución (UE) 2016/1240 da Comisión de 18 de maio de 2016 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que atinxe á intervención pública e á axuda para o almacenamento privado
Regulamento de execución (UE) 2019/1882 da Comisión de 8 de novembro de 2019 polo que se inician procedementos de licitación en relación co importe da axuda para o almacenamento privado de aceite de oliva

Solicitudes

Anexo III. Oferta de participación na licitación para a concesión da axuda ao almacenamento privado de aceite de oliva
Anexo V. Solicitude de pagamento da axuda ao almacenamento privado de aceite de oliva