Solicitude unificada Entidades colaboradoras Pagos directos Desenvolvemento rural Lugares e prazos Solicitude unificada Para facilitar aos agricultores a tramitación das axudas no ano 2017, inclúense nunha soa Solicitude Unificada varias axudas directas da PAC baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando (pagamentos directos) así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control unificando tamén o período de solicitude. As axudas que se inclúen na Solicitude Unificada de axudas PAC 2017 son: Pagamentos directos á agricultura e á gandaría (financiadas polo FEAGA) Un pagamento básico aos agricultores «réxime de pagamento básico» (RPB). Un pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente. Un pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola. Un réxime de axuda asociada Axuda asociada aos cultivos proteicos. Axuda asociada aos legumes de calidade. Un réxime simplificado para os pequenos agricultores Pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control. Nas axudas incluídas neste punto, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) contribuirá cunha participación do 75 % ao seu cofinanciamento. Solicitudes de axuda e pagamento das seguintes medidas do PDR de Galicia 2007-2013 (compromisos vixentes): Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias Solicitudes de axuda e pagamento das seguintes medidas do PDR de Galicia 2014-2020 Pagamentos a zonas con limitacións naturais Agroambiente e clima Agricultura ecolóxica Entidades colaboradoras Entidades colaboradoras PAC DR 2017 Documentos de interés Fichas divulgativasCálculo del cumplimiento de Pago Verde V.09 (24/02/2016)Modelo de cambio de titularidad entre cónyuges en régimen de bienes ganancialesInforme de obrigas da condicionalidade en explotacións agrícolasInforme de obrigas da condicionalidade en explotacións gandeiras Pagos directos En 2017, o conxunto de axudas directas da PAC xestiónase no marco da ORDE do 31 de xaneiro de 2017 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control. Relación provisional de pequenos agricultores De acordo ao artigo 86 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagos directos á agricultura e á gandería e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagos directos e dos pagos ao desenvolvemento rural, os agricultores que en 2015 posúan dereitos de pago básico, en propiedade, usufruto ou en arrendamento e o seu importe total de pagos directos a percibir sexa inferior a 1.250 euros quedarán incluídos automaticamente pola autoridade competente no réxime. A participación no Réxime de Pequenos Agricultores ten as seguintes vantaxes: Quedará exento de aplicar as prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente. O importe dos pagos directos non se verá reducido pola a aplicación da condicionalidade. A partir de 2016 non deberá cumprir cos requisitos para a súa determinación como agricultor activo, excepto no referente a estar inscrito nos rexistros (os que as autoridades competentes teñan dispostos en base ao artigo 6 do Regulamento 852/2004), no momento da súa solicitude. Non se lle aplicarán as sancións previstas por declaración incompleta das superficies de todas as parcelas da explotación na solicitude única. En sucesivas campañas a partir de 2015, a súa solicitude única consistirá unicamente nunha confirmación anual para poder recibir devandito pago. O importe total de pagos que finalmente se lle calcule, será o total para percibir para a campaña e substituirá aos que deban concederse de conformidade co réxime de Pago Básico ou mediante outras axudas desacopladas e acopladas. Este importe será o mesmo sempre que permaneza adscrito ao réxime de Pequenos Agricultores. Durante a participación no réxime de Pequenos Agricultores deberá declarar e manter o número de hectáreas admisibles correspondente ao número de dereitos activados no ano 2015 e estes consideraranse dereitos activados para todo o período de participación no devandito réxime. En caso de non querer participar no réxime de Pequenos Agricultores deberá notificar a súa decisión ante a Autoridade Competente durante o período de presentación da solicitude única, implicando dita renuncia non poder volver solicitar a súa inclusión no mesmo. Desenvolvemento rural Caderno Agricultura EcolóxicaCaderno Gandaría EcolóxicaCaderno Xestión sostible de pastos e extensificación do vacún de leitePreguntas frecuentes Desenvolvemento rural RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña, solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 Norma complementaria medidas 10.1, 11 Plan de controis medidas 10.1, 11 e 13 Caderno Agricultura Ecolóxica Caderno Gandaría Ecolóxica Caderno Xestión sostible de pastos e extensificación do vacún de leite Preguntas frecuentes RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2016 pola que se establecen as reducións por incumprimento dos criterios/requisitos de admisibilidade, compromisos e outras obrigas de determinadas medidas do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 Lugares e prazos O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2017, iniciarase o 1 de febreiro e rematará o día 15 de maio ambos inclusive. As persoas que desexen obter algún dos pagamentos directos ou das axudas de desenvolvemento rural deberán presentar unha solicitude única. A solicitude única presentarase na Comunidade Autónoma de Galicia dirixida á persoa titular da dirección do Fogga, cando a explotación estea situada completamente neste territorio ou se, estando situada en máis dunha comunidade autónoma, se atopa na Comunidade Autónoma de Galicia a maior parte da superficie agraria ou o maior número de animais, no caso de non dispoñer de superficie. A presentación da solicitude única realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=MR&codProc=250A&procedemento=MR250A - ) de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Os solicitantes poderán optar por: Realizar a solicitude a través das entidades colaboradoras asinantes dun convenio para tal efecto co Fogga. Realizar persoalmente a súa solicitude no enlace http://sgapac.xunta.es, para o que precisan dispoñer dun certificado dixital con vixencia.