Elaborado sobre a base das conclusións dun grupo especial de alto nivel creado despois da crise do mercado do leite de 2009, este conxunto de medidas está destinado a impulsar a posición dos produtores de leite na cadea de subministración de produtos lácteos e da preparación do sector para unha maior orientación ao mercado e ao futuro sustentable. O paquete lácteo: posibilita que os estados membros establezan a obrigatoriedade de formalizar contratos escritos entre os produtores e os compradores de leite. posibilita a negociación colectiva dos termos dos contratos individuais a través das organizacións de produtores. establece novas normas específicas para as organizacións interprofesionais. proporciona unha serie de medidas para aumentar a transparencia no mercado. Normativa Normativa Europea Regulamento (UE) nº 261/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, de 14 de marzo de 2012, que modifica o Regulamento (CE) nº 1234/2007 do Consello no que incumbe ás relacións contractuais no sector do leite e dos produtos lácteos.Regulamento de Execución (UE) nº 511/2012 da Comisión, de 15 de xuño de 2012, relativo ás notificacións sobre as organizacións de produtores e as organizacións interprofesionais e sobre as negociacións e relacións contractuais previstas polo Regulamento (CE) nº 1234/2007 do Consello no sector do leite e dos produtos lácteos.Corrección de erros do Regulamento de Execución (UE) nº 511/2012 >da Comisión, de 15 de xuño de 2012, relativo ás notificacións sobre as organizacións de produtores e as organizacións interprofesionais e sobre as negociacións e relacións contractuais previstas polo Regulamento (CE) nº 1234/2007 do Consello no sector do leite e dos produtos lácteos.Regulamento Delegado (UE) nº 880/2012 da Comisión, de 28 de xuño de 2012, que completa o Regulamento (CE) nº 1234/2007 do Consello no que incumbe á cooperación transnacional e as negociacións contractuais das organizacións de produtores no sector do leite e dos produtos lácteos.Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os Regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007. Normativa Estatal Real Decreto-ley 5/2020, de 25 de febrero, por el que se adoptan determinadas medidas urgentes en materia de agricultura y alimentaciónReal decreto 95/2019, do 1 de marzo, polo que se establecen as condicións de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacións de produtores e das organizacións interprofesionais no sector, e polo que se modifican varios reais decretos de aplicación ao sector lácteo.Real decreto 319/2015, do 24 de abril, sobre declaracións obrigatorias que deben efectuar os primeiros compradores e produtores de leite e produtos lácteos de vaca, ovella e cabra. Contratos Obrigatorios Todas as subministracións de leite cru que teñan lugar en España dun produtor a un transformador serán obxecto de contratos escritos entre as partes, e no caso de que a devandita subministración se realice a través dun ou máis intermediarios, cada etapa da venda será obxecto de contrato escrito entre as partes. A INLAC Asinouse un convenio de colaboración entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Organización Interprofesional do sector lácteo (Inlac) para a creación e mantemento dunha base de datos que recolle a información dos contratos celebrados no sector lácteo. A Inlac recibe, valida e procesa a información comunicada polos receptores co obxecto de comprobar o cumprimento da normativa en vigor e de poñer a disposición dos axentes do sector de información sobre a situación actual da contractualización obrigatoria. XACOBEA (ferramenta informática de referenciación de prezos do leite) A Consellería do Medio Rural creou a presente ferramenta informática para a referenciación de prezos do leite que pode ser utilizada para reducir os efectos da alta volatilidade dos prezos do leite, e para poder compensar simultáneamente en función da evolución dos custos de produción, e serve para obter un valor ao cal referenciarse á hora de establecer un prezo para o leite no contrato a asinar, coa grande vantaxe de evolucionar en tempo real co mercado lácteo. http://xacobea.xunta.es Contratación no sector lácteo A aprobación e posta en marcha das medidas incluídas no "Paquete Lácteo" pode supoñer un avance importante nas condicións de negociación dos produtores da venda da súa produción. A continuación pode atopar xunto coa normativa fundamental de aplicación, toda unha serie de documentos de interese relacionados co tema dos contratos obrigatorios e as Organizacións de Produtores no Sector lácteo Organizacións de produtores de leite (OPLs) Son entidades con personalidade xurídica propia, de carácter civil ou mercantil, constituídas exclusivamente por produtores. As organizacións deberán agrupar un mínimo de produtores e de produción comercializable anual.Todas as condicións dos contratos lácteos, incluído o prezo, poderán ser negociadas polas organizacións recoñecidas, en nome dos seus membros, con anterioridade a que cada un deles subscriban o mesmo. Obxectivos: Concentrar a oferta e levar a cabo a comercialización da produción dos seus membros e ademais, deberán, polo menos, perseguir unha das seguintes finalidades: a) Garantir que a produción se planifique e se axuste conforme á demanda, sobre todo no referente á calidade e á cantidade. b) Optimizar os custos de produción e estabilizar os prezos de produción. Rexistro Nacional de Organizacións e Asociacións de Organizacións de Produtores de leite: O recoñecemento das organizacións corresponde ao órgano competente da comunidade autónoma onde radique a sede da efectiva dirección da entidade solicitante. En Galicia lle corresponde á persoa directora do Fondo Galego de Garantía Agraria.