I. Órganos de Goberno do Fogga Os órganos de goberno do Fogga son a Presidencia e o Consello Reitor. A Presidencia do Fogga, tal e como dispón no artigo 12 dos seus estatutos, corresponde ao Conselleiro do Medio Rural. O Consello Reitor do Fogga: Os vogais do Consello Reitor nomeáronse consonte co previsto na Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Consello Reitor do Fondo Galego de Garantía Agraria (Diario Oficial de Galicia núm. 117, do 21 de xuño).O Director do Fogga é o órgano executivo e de xestión do organismo, nomeado e separado por decreto do Consello da Xunta entre os que teñen a condición de titular dun órgano de dirección da consellería competente en materia de medio rural. Na actualidade o Director do Fogga é o Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. A composición actual dos ditos órganos é a seguinte: Presidente do Fogga: José González Vázquez Director do Fogga: Silvestre José Balseiros Guinarte Vogais do Consello Reitor: En representación da Consellería do Medio Rural: Secretaria Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal Subdirector Xeral de Xestión da PAC En representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: Directora Xeral de Conservación da Natureza En representación da Consellería de Facenda e Administración Pública: Subdirectora Xeral de Xestión do FSE e outros programas comunitarios II. Delegación de funcións Resolución do 29 de abril de 2009 sobre delegación de competencias no vicepresidente e no director do Fondo Galego de Garantía Agraria III. Contas anuais e informes de auditoría das contas anuais Conta anual 2017Conta anual 2021Conta anual 2022 IV. ConveniosV. Contratos Encomendas de xestión Encomendas de xestión vixentes a 01.01.2022 Obxecto da encomenda Prazo de vixencia Encargo para os traballos técnicos de colaboración instrumental co FOGGA, das axudas ao programa de actuacións para a aplicación da PAC en Galicia durante o ano 2023. 31/12/2023