DEV

PAC 2018

Solicitude unificada 2018

Para facilitar aos agricultores a tramitación das axudas no ano 2018, inclúense nunha soa Solicitude Unificada varias axudas directas da PAC baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando (pagamentos directos) así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control unificando tamén o período de solicitude.    

As axudas que se inclúen na Solicitude Unificada de axudas PAC 2018 son:

  1. Pagamentos directos á agricultura e á gandaría (financiadas polo FEAGA)
    • Un pagamento básico aos agricultores «réxime de pagamento básico».
    • Un pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente.
    • Un pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola.
    • Un réxime de axuda asociada
      • Axuda asociada aos cultivos proteicos.
      • Axuda asociada aos legumes de calidade.
      • Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices.
      • Axuda asociada para as explotacións de vacún de ceba.
      • Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite.
      • Axuda asociada para as explotacións de ovino.
      • Axuda asociada para as explotacións de cabrún.
      • Axudas asociadas para os gandeiros de vacún de leite, vacún de ceba e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pagamento básico.
      • Tamén poderá solicitarse calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
    • Un réxime simplificado para os pequenos agricultores 
       
  2. Pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control. Nas axudas incluídas neste punto, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) contribuirá cunha participación do 75 % ao seu cofinanciamento.
    • Solicitudes de axuda e pagamento das seguintes medidas do PDR de Galicia 2007-2013 (compromisos vixentes):
      • Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias
    • Solicitudes de axuda e pagamento das seguintes medidas do PDR de Galicia 2014-2020
      • Pagamentos a zonas con limitacións naturais
      • Agroambiente e clima
      • Agricultura ecolóxica

Pagos directos

En 2018, o conxunto de axudas directas da PAC xestiónase no marco da ORDE do 6 de febreiro de 2018 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control

 

Relación provisional de pequenos agricultores

De acordo ao artigo 86 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagos directos á agricultura e á gandería e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagos directos e dos pagos ao desenvolvemento rural, os agricultores que en 2015 posúan dereitos de pago básico, en propiedade, usufruto ou en arrendamento e o seu importe total de pagos directos a percibir sexa inferior a 1.250 euros quedarán incluídos automaticamente pola autoridade competente no réxime.

A participación no Réxime de Pequenos Agricultores ten as seguintes vantaxes:

  • Quedará exento de aplicar as prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente.
  • O importe dos pagos directos non se verá reducido pola a aplicación da condicionalidade.
  • A partir de 2016 non deberá cumprir cos requisitos para a súa determinación como agricultor activo, excepto no referente a estar inscrito nos rexistros (os que as autoridades competentes teñan dispostos en base ao artigo 6 do Regulamento 852/2004), no momento da súa solicitude.
  • Non se lle aplicarán as sancións previstas por declaración incompleta das superficies de todas as parcelas da explotación na solicitude única.
  • En sucesivas campañas a partir de 2015, a súa solicitude única consistirá unicamente nunha confirmación anual para poder recibir devandito pago.


O importe total de pagos que finalmente se lle calcule, será o total para percibir para a campaña e substituirá aos que deban concederse de conformidade co réxime de Pago Básico ou mediante outras axudas desacopladas e acopladas. Este importe será o mesmo sempre que permaneza adscrito ao réxime de Pequenos Agricultores.

Durante a participación no réxime de Pequenos Agricultores deberá declarar e manter o número de hectáreas admisibles correspondente ao número de dereitos activados no ano 2015 e estes consideraranse dereitos activados para todo o período de participación no devandito réxime.

En caso de non querer participar no réxime de Pequenos Agricultores deberá notificar a súa decisión ante a Autoridade Competente durante o período de presentación da solicitude única, implicando dita renuncia non poder volver solicitar a súa inclusión no mesmo.
 

Desenvolvemento rural

Caderno Agricultura Ecolóxica
Caderno Gandaría Ecolóxica
Caderno Xestión sostible de pastos e extensificación do vacún de leite
Preguntas frecuentes

Desenvolvemento rural

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación de persoas beneficiarias e importes das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) ao abeiro da Orde do 6 de febreiro de 2018
RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2019 pola que se dá publicidade á relación de persoas beneficiarias e aos importes das axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distinta de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 6 de febreiro de 2018
RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2019 pola que se dá publicidade á relación de persoas beneficiarias e aos importes das axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 6 de febreiro de 2018
Norma complementaria medidas 10.1, 11
Plan de controis medidas 10.1, 11 e 13
Caderno Agricultura Ecolóxica
Caderno Gandaría Ecolóxica
Caderno Xestión sostible de pastos e extensificación do vacún de leite
Preguntas frecuentes
RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2016 pola que se establecen as reducións por incumprimento dos criterios/requisitos de admisibilidade, compromisos e outras obrigas de determinadas medidas do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020
RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 6 de febreiro de 2018
RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 6 de febreiro de 2018
Relación de persoas beneficiarias e importes das axudas en Zonas con Limitacións Naturais en áreas distintas de montaña (Campaña 2018)
Relación de persoas beneficiarias e importes das axudas en Zonas con Limitacións Naturais en áreas de montaña (Campaña 2018)
Relación de persoas beneficiarias e importes das axudas de agroambiente e clima (Medida 10.1) e agricultura ecolóxica (Medida 11). Campaña 2018

Lugares e prazos

O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2018, iniciarase o 1 de febreiro e rematará o día 7 de maio ambos inclusive.

As persoas que desexen obter algún dos pagamentos directos ou das axudas de desenvolvemento rural deberán presentar unha solicitude única.

A solicitude única presentarase na Comunidade Autónoma de Galicia dirixida á persoa titular da dirección do Fogga, cando a explotación estea situada completamente neste territorio ou se, estando situada en máis dunha comunidade autónoma, se atopa na Comunidade Autónoma de Galicia a maior parte da superficie agraria ou o maior número de animais, no caso de non dispoñer de superficie.

A presentación da solicitude única realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia  (https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=MR&codProc=250A&procedemento=MR250A - ) de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Os solicitantes poderán optar por:

  • Realizar a solicitude a través das entidades colaboradoras asinantes dun convenio para tal efecto co Fogga.
  • Realizar persoalmente a súa solicitude  no enlace http://sgapac.xunta.es, para o que precisan dispoñer dun certificado dixital con vixencia.