DEV

Transparencia

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, ten por obxecto regular a transparencia e a publicidade na actividade pública, entendendo esta como a desenvolvida cun financiamento público, así como o dereito da cidadanía a acceder á información pública. Así mesmo, é obxecto da lei establecer o réxime xurídico das obrigas de bo goberno que deben cumprir o sector público autonómico así como as persoas que ocupen altos cargos nel, incluíndo o seu réxime de incompatibilidades, de conflito de intereses e de control dos seus bens patrimoniais.

Os mecanismos de transparencia e de bo goberno funcionan como contrapesos que garanten a protección da cidadanía fronte a hipotéticas arbitrariedades do poder público e o uso indebido dos cartos ou patrimonio públicos.

Unha opinión pública informada contribúe a definir e realizar accións públicas respectuosas co interese xeral. É por isto que se incentiva e se facilita o acceso á información administrativa aproveitando o desenvolvemento das novas tecnoloxías como canles de transmisión e de difusión.

Lexislación sobre transparencia

Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno