DEV

PAC 2023

Solicitude unificada

Para facilitar aos agricultores a tramitación das axudas no ano 2023, inclúense nunha soa Solicitude Unificada varias axudas directas da PAC baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando (pagamentos directos) así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control unificando tamén o período de solicitude.

As axudas que se inclúen na Solicitude Unificada de axudas PAC 2023 son:

  1. Axudas directas á agricultura e á gandaría:
    • Axuda básica á renda para a sustentabilidade (ABRS)
    • Axuda redistributiva complementaria á renda para a sustentabilidade
    • Axuda complementaria á renda para novos agricultores e agricultoras
    • Réximes en favor do clima, o medio ambiente e o benestar animal (ecorreximes):
      • Pastoreo extensivo.
      • Illas de biodiversidade ou sega sostible.
      • Rotación de cultivos con especies mellorantes.
      • Sementa directa.
      • Cuberta vexetal espontánea ou sementada.
      • Cuberta inerte.
      • Establecemento de illas de biodiversidade.
    • Axudas asociadas:
      • Axuda asociada para os gandeiros extensivos de vacún de carne
      • Axuda asociada para o engorde de tenreiros na explotación de nacemento
      • Axuda asociada para o engorde sustentable de tenreiros
      • Axuda asociada para a produción sustentable de leite de vaca
      • Axuda asociada para os gandeiros extensivos e semiextensivos de ovino e caprino de carne
      • Axuda asociada para a produción sustentable de leite de ovella e cabra
      • Axuda asociada para gandeiros extensivos e semiextensivos de ovino e cabrún sen pastos que pastorean restrollos, barbeitos e restos hortofrutícolas
      • Axuda asociada á produción sustentable de proteínas de orixe vexetal
      • Axuda asociada ao oliveiral con dificultades específicas e alto valor medioambiental   
         
  2. As liñas de axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control son:
    • Axudas a zonas con limitacións naturais de montaña
    • Axudas de agroambiente
    • Axudas forestais

Orde PAC

Solicitude de devolución voluntaria de axudas PAC
Zonas de concentración parcelaria sen referencias SIXPAC
Zonas de montaña e distintas de montaña
Solicitude de declaración doutras axudas

Pagos directos

En 2023, o conxunto de axudas directas da PAC xestiónase no marco da ORDEN de 15 de marzo de 2023 por la que se regula la aplicación de los pagos directos a la agricultura y a la ganadería y de las ayudas al desarrollo rural sujetas al sistema integrado de gestión y control (códigos de procedimiento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C y MR241D) pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaríae das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de Xestión e control.

Desenvolvemento rural

A orde do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, establece, no título III, as axudas de desenvolvemento rural no ámbito do SIXC seguintes:

  1. Pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas, do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020 (medida 13) (cofinanciadas nun 75% polo FEADER).
  2. Axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 (cofinanciadas nun 80% polo FEADER).
    1. Intervención 65012 “Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de cultivos sostibles”:
      • Subintervención 65012.02: Extensivos
      • Subintervención 65012.03: Leñosos
      • Subintervención 65012.04: Economía circular
    2. Intervención 65013 “Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sostible de pastos”:
      • Subintervención 65013.01: Extensificación de prados
      • Subintervención 65013.02: Extensificación pastos arbustivos e arborizados
      • Subintervención 65013.03: Convivencia co lobo
    3. Intervención 65014 “Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Apicultura para a biodiversidade”:
      • Subintervención 65014.01: Apicultura para a biodiversidade
    4. Intervención 6503 “Compromisos agroambientais en agricultura ecolóxica”:
      • Liña: Cultivos agrícolas ecolóxicos
        • Subintervención 65030.17: Conversión de cultivos agrícolas ecolóxicos.
        • Subintervención 65030.18: Mantemento de cultivos agrícolas ecolóxicos.
      • Liña: Viñedos para vinificación ecolóxica
        • Subintervención 65030.19: Conversión de viñedos para vinificación ecolóxica.
        • Subintervención 65030.20: Mantemento de viñedos para vinificación ecolóxica.
      • Liña: Gandería ecolóxica
        • Subintervención 65030.21: Conversión de gandería ecolóxica.
        • Subintervención 65030.22: Mantemento de gandería ecolóxica.
      • Liña: Apicultura ecolóxica
        • Subintervención 65030.23: Conversión de apicultura ecolóxica.
        • Subintervención 65030.24: Mantemento de apicultura ecolóxica..
    5. Intervención 65051 “Compromisos de conservación de recursos xenéticos SIGC”:
      • Subintervención 65051.01: Razas gandeiras autóctonas en risco de erosión xenética.
      • Subintervención 65051.02: Conservación de variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética.

Máis información no Portal “Nova PAC” da web do FOGGA

Lugares e prazos

O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2023, iniciarase o 1 de marzo e rematará o día 30 de xuño ambos inclusive (modificado por RDL 4/2023 de 11 de maio)

  • Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, os solicitantes poderán presentar solicitudes de modificación ata o día 30 de xuño.
  • O prazo de presentación de solicitudes de modificación do SIXPAC comezará o 1 de marzo e rematará o 30 de xuño, ambos incluídos.
  • O período de comunicación das cesións de dereitos de pagamento básico iniciarase o 1 de marzo e finalizará o 30 de xuño de 2023, ambos incluídos.


As persoas que desexen obter algún dos pagamentos directos ou das axudas de desenvolvemento rural deberán presentar unha solicitude única.

A solicitude única presentarase na Comunidade Autónoma de Galicia dirixida á persoa titular da dirección do Fogga, cando a explotación estea situada completamente neste territorio ou se, estando situada en máis dunha comunidade autónoma, se atopa na Comunidade Autónoma de Galicia a maior parte da superficie agraria ou o maior número de animais, no caso de non dispoñer de superficie.

A presentación da solicitude única realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia  (https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=MR&codProc=250A&procedemento=MR250A - ) de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Os solicitantes poderán optar por:

  • Realizar a solicitude a través das entidades colaboradoras PAC DR 2023 asinantes dun convenio para tal efecto co Fogga.
  • Realizar persoalmente a súa solicitude  no enlace http://sgapac.xunta.es, para o que precisan dispoñer dun certificado dixital con vixencia.