DEV

PAC 2020

Para facilitar aos agricultores a tramitación das axudas no ano 2020, inclúense nunha soa Solicitude Unificada varias axudas directas da PAC baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando (pagamentos directos) así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control unificando tamén o período de solicitude. 

As axudas que se inclúen na Solicitude Unificada de axudas PAC 2020 son:

  1. Pagamentos directos á agricultura e á gandaría (financiadas polo FEAGA) 
    • Un pagamento básico aos agricultores «réxime de pagamento básico».
    • Un pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente.
    • Un pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola.
    • Un réxime de axuda asociada
      • Axuda asociada aos cultivos proteicos.
      • Axuda asociada aos legumes de calidade.
      • Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices.
      • Axuda asociada para as explotacións de vacún de ceba.
      • Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite.
      • Axuda asociada para as explotacións de ovino.
      • Axuda asociada para as explotacións de cabrún.
      • Axudas asociadas para os gandeiros de vacún de leite, vacún de ceba e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pagamento básico.
      • Tamén poderá solicitarse calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
    • Un réxime simplificado para os pequenos agricultores
       
  2. Pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (75% cofinanciadas polo FEADER)
    • Prima anual das axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, da submedida 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.
    • Prima anual das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, da submedida 8.2 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.
    • Solicitude de pago das axudas de Agroambiente e clima da submedida 10.1 e da agricultura ecolóxica das submedidas 11.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes e solicitude do prórroga de beneficiarios da convocatoria 2015.
    • Pagamento a zonas con limitacións naturais das submedidas 13.1 e 13.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020: solicitude da axuda e do pagamento.

Pagos directos

En 2020, o conxunto de axudas directas da PAC xestiónase no marco da ORDE do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR239O e MR239G).

 

Relación provisional de pequenos agricultores

De acordo ao artigo 86 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagos directos á agricultura e á gandería e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagos directos e dos pagos ao desenvolvemento rural, os agricultores que en 2015 posúan dereitos de pago básico, en propiedade, usufruto ou en arrendamento e o seu importe total de pagos directos a percibir sexa inferior a 1.250 euros quedarán incluídos automaticamente pola autoridade competente no réxime.

A participación no Réxime de Pequenos Agricultores ten as seguintes vantaxes:

  • Quedará exento de aplicar as prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente.
  • O importe dos pagos directos non se verá reducido pola a aplicación da condicionalidade.
  • A partir de 2016 non deberá cumprir cos requisitos para a súa determinación como agricultor activo, excepto no referente a estar inscrito nos rexistros (os que as autoridades competentes teñan dispostos en base ao artigo 6 do Regulamento 852/2004), no momento da súa solicitude.
  • Non se lle aplicarán as sancións previstas por declaración incompleta das superficies de todas as parcelas da explotación na solicitude única.
  • En sucesivas campañas a partir de 2015, a súa solicitude única consistirá unicamente nunha confirmación anual para poder recibir devandito pago.


O importe total de pagos que finalmente se lle calcule, será o total para percibir para a campaña e substituirá aos que deban concederse de conformidade co réxime de Pago Básico ou mediante outras axudas desacopladas e acopladas. Este importe será o mesmo sempre que permaneza adscrito ao réxime de Pequenos Agricultores.

Durante a participación no réxime de Pequenos Agricultores deberá declarar e manter o número de hectáreas admisibles correspondente ao número de dereitos activados no ano 2015 e estes consideraranse dereitos activados para todo o período de participación no devandito réxime.

En caso de non querer participar no réxime de Pequenos Agricultores deberá notificar a súa decisión ante a Autoridade Competente durante o período de presentación da solicitude única, implicando dita renuncia non poder volver solicitar a súa inclusión no mesmo.

Lugares e prazos

O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2020, iníciase o 1 de febreiro e finalizará o día 15 de xuño, ambos incluídos.

Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, os solicitantes poderán presentar solicitudes de modificación ata o día 30 de xuño.
O prazo de presentación de solicitudes de modificación do SIXPAC comezará o 1 de febreiro e rematará o 30 de xuño, ambos incluídos.
O período de comunicación das cesións de dereitos de pagamento básico iniciarase o 1 de novembro anterior ao inicio do prazo de solicitude e finalizará o 30 de xuño de 2020, ambos incluídos.
As persoas que desexen obter algún dos pagamentos directos ou das axudas de desenvolvemento rural deberán presentar unha solicitude única.

A solicitude única presentarase na Comunidade Autónoma de Galicia dirixida á persoa titular da dirección do Fogga, cando a explotación estea situada completamente neste territorio ou se, estando situada en máis dunha comunidade autónoma, se atopa na Comunidade Autónoma de Galicia a maior parte da superficie agraria ou o maior número de animais, no caso de non dispoñer de superficie.

A presentación da solicitude única realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia  (https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=MR&codProc=250A&procedemento=MR250A - ) de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Os solicitantes poderán optar por:

  • Realizar a solicitude a través das entidades colaboradoras asinantes dun convenio para tal efecto co Fogga.
  • Realizar persoalmente a súa solicitude  no enlace http://sgapac.xunta.es, para o que precisan dispoñer dun certificado dixital con vixencia.