DEV

Paquete Lácteo

Elaborado sobre a base das conclusións dun grupo especial de alto nivel creado despois da crise do mercado do leite de 2009, este conxunto de medidas está destinado a impulsar a posición dos produtores de leite na cadea de subministración de produtos lácteos e da preparación do sector para unha maior orientación ao mercado e ao futuro sustentable.

O paquete lácteo:

  • posibilita que os estados membros establezan a obrigatoriedade de formalizar contratos escritos entre os produtores e os compradores de leite.
  • posibilita  a negociación colectiva dos termos dos contratos individuais a través das organizacións de produtores.
  • establece novas normas específicas para as organizacións interprofesionais.
  • proporciona unha serie de medidas para aumentar a transparencia no mercado.

Normativa

Contratos Obrigatorios      

Todas as subministracións de leite cru que teñan lugar en España dun produtor a un transformador serán obxecto de contratos escritos entre as partes, e no caso de que a devandita subministración se realice a través dun ou máis intermediarios, cada etapa da venda será obxecto de contrato escrito entre as partes.

  • A INLAC
    • Asinouse un convenio de colaboración entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Organización Interprofesional do sector lácteo (Inlac) para a creación e mantemento dunha base de datos que recolle a información dos contratos celebrados no sector lácteo. A Inlac recibe, valida e procesa a información comunicada polos receptores co obxecto de comprobar o cumprimento da normativa en vigor e de poñer a disposición dos axentes do sector de información sobre a situación actual da contractualización obrigatoria.
  • XACOBEA (ferramenta informática de referenciación de prezos do leite)
    • A Consellería do Medio Rural creou a presente ferramenta informática para a referenciación de prezos do leite que pode ser utilizada para reducir os efectos da alta volatilidade dos prezos do leite, e para poder compensar simultáneamente en función da evolución dos custos de produción, e serve para obter un valor ao cal referenciarse á hora de establecer un prezo para o leite no contrato a asinar, coa grande vantaxe de evolucionar en tempo real co mercado lácteo.      
      http://xacobea.xunta.es
  • Contratación no sector lácteo
    • A aprobación e posta en marcha das medidas incluídas no "Paquete Lácteo" pode supoñer un avance importante nas condicións de negociación dos produtores da venda da súa produción. A continuación pode atopar xunto coa normativa fundamental de aplicación, toda unha serie de documentos de interese relacionados co tema dos contratos obrigatorios e as Organizacións de Produtores no Sector lácteo
  • Organizacións de produtores de leite (OPLs)
    • Son entidades con personalidade xurídica propia, de carácter civil ou mercantil, constituídas exclusivamente por produtores. As organizacións deberán agrupar un mínimo de produtores e de produción comercializable anual.Todas as condicións dos contratos lácteos, incluído o prezo, poderán ser negociadas polas organizacións recoñecidas, en nome dos seus membros, con anterioridade a que cada un deles subscriban o mesmo.
    • Obxectivos:
      • Concentrar a oferta e levar a cabo a comercialización da produción dos seus membros e ademais, deberán, polo menos, perseguir unha das seguintes finalidades:
        • a) Garantir que a produción se planifique e se axuste conforme á demanda, sobre todo no referente á calidade e á cantidade.
        • b) Optimizar os custos de produción e estabilizar os prezos de produción.
    • Rexistro Nacional de Organizacións e Asociacións de Organizacións de Produtores de leite:
      • O recoñecemento das organizacións corresponde ao órgano competente da comunidade autónoma onde radique a sede da efectiva dirección da entidade solicitante. En Galicia lle corresponde á persoa directora do Fondo Galego de Garantía Agraria.